Do 16 de novembro do fatídico 2020
Telegram
Arrinca o periplo de opai.ferroleando.es, no lusco que vén tralo fusco, no abrente. Mmmm, ou o chosco que segue ó cego no espertar do ensaio de Saramago... críptico, ha ser aínda críptico, aínda andamos na cova!!
Ollo que tamén pode se-lo cego que ven tralo chosco no solpor.
Amodo.
Dende o lugar de Codesal, para o mundo. Vai de código, si, de codificación, tamén de código de programación.
Code salt(en), sal.
- Viría ser o sal do código, igual acabo entendendo aquilo do sal da terra...
- Quizais o código de sal (de salario non estaría mal), un código delicado como o cristal e... duro por tanto. Como aquilo da auga no Oriente, suave e imparable a un tempo.
- Código salado, máis que soso, tampouco empalagoso, por dios, amargo e ácido... co toque xusto, propóñome non poñer nada en días de moita bile. Vou insultar a diestro e siniestro, sempre en honor á verdade e nunca con intención de ferir... por vengatividade ou gratuitamente, a auga de mar, nas feridas, ten efecto sanador, mais laia.
Code sale(fr), suxo un código...
- Código suxo espero que nun comezo pra ir de vagar devindo código claro.
- Pola merda que pretendo comece a repartir a diestro e siniestro a tanto cocho por aí solto que deambula a tragar canto pode tantear, de novo coma no ensaio de Saramago. (é que veño de lelo... próximamente o colgarei, será a primeira piratada das moitas que pretendo cometer contra o latrocinio intelectual que nos invade)
- Suciedade na que proliferan os miasmas que teñen estas sociedades contemporáneas en estado fétido-comatoso, ou virus que é agora a teoría de moda, a dos xermes que nos teñen encadeados ultimamente. Un código contaxioso, un código vírico adicado a St.IGNUcius, o santo da liberdade, que é contaxiosa e mala cura non pode ser prá simpática plandemia que nos entretén nestes tempos de comedia.
class laCuevaDe_manOLI_VA_VA_queYaTePago inherits mafia {
#Mierda, no hay herencia múltiple...
#inherits deBuenaQueSoySoyTonta
#inherits españistanasOrgullosasSamaritanasHipócritas
#inherits españistanosOrgullososElQueNoMangaEsTonto
#inherits hosteleroDeLaDécada
}
class laCuerdaFloja inherits laCueva (alias para amigos) {
#inherits progresPodemitasDePostín
}
class hostelerosReunidosJodidos inherits laCueva {
#inherits latrocinioInstitucionalizado
#inherits mierdaAhoraTendreQueEcharManoDelBotín
#inherits siLevantoEsaBanderaRojaYaMeLlevoLoMío?
}
class trabajadoresDeLaHosteleriaJodidosDeVerdad inherits yaLoDecíaMarx{
#inherits soloCotizaba2Horas...aLaSemana!
}
class femiNazisNeuróticas inherits seBuscaMadre {
#inherits quienDejoUnaGallinaSinCabezaAlTimón?
#inherits siSacoLaOpoYaNoTengoQueTrabajar?
#inherits teCosoElBozalMasMolónYSeguroDelMundo
}
class otroDíaMás inherits hostiaSeMeVaElDía {
}
Codesal, Serantes, f.ERRO.l (franco ERRO lóxico), Españistán (con perdón de Afganistán, ou Uzbequistán...).
Un antiespañol sen complexos, non por unha cuestión de oposición a galeguismo, ou republicanismo, senón por mero bon gusto, proponse un experimento comunicativo, pricipalmente como terapia mental. Inicialmente recordará máis ben a un caderno de bitácora, ou blog, sen pretensións monetarias, por favor, non me des like, nin share, nin follow, nin nada que se pareza.
Rexistro persoal, compartición de distintos tipos de contidos con xente achegada e berros ó mundo con este megáfono dixital.
$opai -> main();
Haberá erros, tamén eu son f.ERRO.lano (tamén teñó un franco ERRO lóxico no ano), e claro, xa que os desta raza pensamos con este órgano (ben merece ser considerado órgano en sí mesmo). Asique pido disculpas, non así polas ofensas que producirá oír... verdades que serán verquidas a siniestro e diestro. Non serán verdades porque eu seña profeta, serano porque ofenderán, o que significa que é coñecido por todos, cando menos polo que fala e o que se ofende, claro.
Senón polos erros que inadvertidamente cometerei, disculpas. Polo momento non haberá xeito de informarme (reportarme), comezamos pola web 1.0